Oleiros, 8 de febreiro de 2012-. O Goberno autonómico retrasa novamente a contratación da redacción do proxecto de obra do futuro colexio de educación primaria que se situará en Nós. Así o sinalaron responsables da Consellería de Educación ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, nunha reunión mantida entre ambos organismos. Deste modo, o necesario equipamento docente acumula un retraso de máis de tres anos sen que de momento se definise o concretado nos prazos por parte da Administración galega.
A Consellería de Educación anunciara a contratación deste proxecto a través do DOG do pasado 22 de novembro. Neste anuncio marcábanse dous meses de prazo para a entrega á Consellería do documento de execución dos traballos. A pesar de que o pasado 19 de decembro procedeuse á apertura de sobres para a adxudicación deste, a día de hoxe continúa sen adxudicarse.
A redacción deste proxecto, que xa se incluía por parte da Xunta nos orzamentos xerais de 2010, e que se volveron a incluír nos de 2011, continúa sen realizarse a pesar de que o Concello realizara un forte investimento de 300.000 euros en adquirir e posteriormente ceder á Consellería os terreos para aloxar o centro.
García Seoane informará da situación aos colectivos sociais das parroquias de Nós e Iñás nos próximos días. Así mesmo, reunirase cos responsables dos centros educativos do municipio afectados por estes novos retrasos da Xunta.

http://www.oleiros.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario