NOTA DE PRENSA
O
colectivo “As Familias de Oleiros na defensa do ensino público”, fai chegar ao
Conselleiro de Educación e
Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, as máis de 700 sinaturas
recollidas nos diferentes centros de ensino público do Concello de Oleiros, na
provincia de A Coruña, demandando a esta Consellería que deteña a política de recortes e medidas que están a
afectar negativamente á calidade do ensino público e manifestando o seu apoio á
defensa da calidade da educación pública.
Este Colectivo, -que xurdiu dando resposta ás inquedanzas e á iniciativa dun
grupo de nais e pais na defensa do ensino público e como medio de protesta ou
mobilización fronte aos recortes da Administración e a continua desvalorización
da educación pública de calidade en Galicia-, reclama asemade a converxencia
e confluencia das distintas plataformas e iniciativas cidadáns en prol do
ensino público nunha acción plural pero unitaria, que consiga concentrar o
sentir xeralizado e a reivindicación común da defensa do ensino público nunha
convocatoria común de manifestación ou mobilización social en defensa da
calidade da educación na escola pública, a escola de tod@s e para tod@s.
Oleiros, Maio 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario