Estimadas compañeiras e compañeiros:
Ante a gravidade das últimas decisións do ministro Wert, toca mobilizarnos de novo.
Celebróuse en Santiago a reunión da Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que forma parte CONFAPA-GALICIA, e acordóuse unánimemente a incorporación á Xornada Estatal de Loita en Defensa da Escola Pública, convocada pola Plataforma Estatal para o vindeiro día 13 de decembro.
Tras da deliberación e tendo en conta todas as circunstancias de calendario, etc., acordóuse unánimente, mobilizar en Galicia nesa xornada co seguinte formato:
a) Concentracións na entrada de todos os centros educativos de Galicia o día 13, as 9:00 horas, convocando a participar nestas concentracións as nais, pais, profesorado e alumnos. Concentracións de cinco minutos, coa lectura do Manifesto da xornada. Naqueles centros onde se acorde, e se conte cun número suficiente de asistentes, rodearáse o centro educativo co sentido simbólico de cobertura e protección por parte da comunidade escolar representada.
b) Defínense doce cabeceiras de comarca e, en cada unha delas, un centro educativo significado e estratéxicamente situado, para realizar concentracións diante del. Na Coruña, o mesmo día 13, as 19:00 horas, no IES Eusebio da Guarda, convocando ao conxunto das comunidades escolares e ao conxunto da cidadanía. Lectura de Manifesto e pancarta da Plataforma en Defensa do Ensino Público.
Achegamos cartaz da movilización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario