A construción deste blog responde ás inquedanzas e á iniciativa dun grupo de nais e pais na defensa do ensino público e como medio de protesta ou mobilización fronte aos recortes da Administración e a continua desvalorización da educación pública de calidade en Galicia. Denunciamos as dificultades e os crecentes recortes e entendemos que este non é un problema exclusivo do profesorado, aínda que fose este colectivo o que iniciou as manifestacións ao respecto e a pesar de que tanto os medios coma o poder político pretendan facernos crer que isto é exclusivamente un conflito laboral do profesorado.
Os recortes, o desprestixio e as carencias aféctannos a todos e a todas, á calidade da educación dos nosos fillos e fillas, a toda a sociedade e pensamos que non podemos continuar impasibles, que temos o dereito e a obriga de protestar e denunciar publicamente esta situación, e que de non producirse unha auténtica mobilización social, polo menos que se escoite a nosa voz, a nosa disconformidade…
Este blog non ten ningún tipo de vinculación política nin sindical, e unicamente se crea como un espazo de información, comunicación e intercambio de opinións e experiencias cun obxectivo común, a defensa e a revalorización dunha educación pública de calidade.
Este movemento pretende facerse extensivo ás familias de todos os centros educativos do noso Concello, así como a todas aquelas persoas con sensibilidade e interese na reivindicación do dereito dos nosos fillos e fillas á calidade da súa educación nunha escola publica, de tod@s, para tod@s...

9 nov 2011

AS FAMILIAS DE OLEIROS NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

A construción deste blog responde ás inquedanzas e á iniciativa dun grupo de nais e pais na defensa do ensino público e como medio de protesta ou mobilización fronte aos recortes da Administración e a continua desvalorización da educación pública de calidade en Galicia.

Denunciamos as dificultades e os crecentes recortes e entendemos que este non é un problema exclusivo do profesorado, aínda que fose este colectivo o que iniciou as manifestacións ao respecto e a pesar de que tanto os medios coma o poder político pretendan facernos crer que isto é exclusivamente un conflito laboral do profesorado.

Os recortes, o desprestixio e as carencias aféctannos a todos e a todas, á calidade da educación dos nosos fillos e fillas, a toda a sociedade e pensamos que non podemos continuar impasibles, que temos o dereito e a obriga de protestar e denunciar publicamente esta situación, e que de non producirse unha auténtica mobilización social, polo menos que se escoite a nosa voz, a nosa disconformidade…

Este blog non ten ningún tipo de vinculación política nin sindical, e unicamente se crea como un espazo de información, comunicación e intercambio de opinións e experiencias cun obxectivo común, a defensa e a revalorización dunha educación pública de calidade.

En principio, este movemento xorde no CEIP Valle Inclán, de Perillo (Oleiros), pero pretende facerse extensivo ás familias de todos os centros educativos do noso Concello, así como a todas aquelas persoas con sensibilidade e interese na reivindicación do dereito dos nosos fillos e fillas á calidade da súa educación nunha escola publica, de tod@s, para tod@s...

6 comentarios:

  1. Bo día a todos e a todas.
    Son Fernando Domènech, profesor de latín do IES María Casares.
    Quero felicitarvos pola vosa idea. Estarei moi atento ás vosas publicacións e pola miña banda tentarei darlle a máxima difusión ao voso blog
    Un saudiño

    ResponderEliminar
  2. Parabéns por esta marabillosa e necesária iniciativa!!! Eu tamén súmome ao labor de darlle a máxima difusión e de participar na medida posíbel.
    Saúdos solidarios,
    Cathryn (profesora de Didáctica e Organización Escolar, UDC)

    ResponderEliminar
  3. Intentarei que chegue aos colexios públicos asturianos...
    Ánimo!!

    ResponderEliminar
  4. Un saúdo de Violeta Bellas, profesora do IES María Casares. Noraboa pola idea, grazas pola iniciativa e moita forza para que este blog cale pronto e forte na nosa comunidade.

    ResponderEliminar
  5. un saúdo dunha nai dunha nena do colexio Valle-Inclán que tamén lle dará a máxima difusión a este blog tan necesario nestes momentos para os nosos fillos. todos xuntos loitaremos polo que é noso.

    ResponderEliminar